Programas de entrenamento auditivo

Os programas de entrenamento auditivo están baseados en principios conductistas da aprendizaxe. Ás veces, son útiles pois permiten corrixir pequenas lagoas na educación auditiva. Imos destacar os dous que consideramos máis axeitados:
  • Auralia 3: programa dispoñible para PC e Mac. Posúe catro categorías de exercicios: intervalos e escalas, acordes, ritmos e alturas e melodías. Cada categoría dispón de exercicios que teñen relación con diferentes destrezas: comparacións de intervalos, diferentes tipos de escalas, recoñecemento de acordes, progresións, patróns rítmicos… Cada grupo ten diferentes niveis de dificultade.
  • EarMaster 5.0: Este programa e o seu homólogo EarMaster School 5.0, versión para aplicar en educación musical, son semellantes ao anterior.