Sons e gráficos musicais

Ás veces, para elaborar certas fichas de traballo para as alumnas e os alumnos necesitamos empregar sons e gráficos musicais. Por iso aquí van tres direccións moi útiles:

  • Findsound : Buscador de sons variados e de efectos sonoros ( animais, sons da natureza, sons da cidade...) presentados en diferentes formatos de audio ( wav, aiff, au...).
  • O Banco de sons do MEC é un banco de sons moi completo, en formatos wav, mp3 e ogg.
  • A Music Graphics Galore posúe unha morea de gráficos en todos os formatos de temas relacionados coa Música e os instrumentos musicais.

Se desexa coñecer sitios para baixar de balde efectos de son, consulte este artigo.