Negra sombra

O compositor lucense Juan Montes (1840-1899) compuxo as "Seis baladas gallegas" editado por Canuto Berea y Cª de A Coruña. Trátase de seis composicións para piano (con letra) cos seguintes títulos: As lixeiras anduriñas, Doce sono, Negra sombra, Lonxe d'a terriña, Unha noita n'a eira d'o trigo e O pensar d'o labrego.

En Negra sombra, Montes pon música ao poema do mesmo nome de Rosalía de Castro. A balada para piano foi tomada polo autor dunha fantasía para orquestra. É posible que unha versión para coro existise antes, pero publicouse primeiro a versión para piano.

Esta é unha das melodías máis famosas e fermosas da nosa música galega, moitas veces versionada.