Das Klinget é un anaquiño de música de "A Frauta Máxica" de Mozart ben entrañable. A versión aquí ofrecida está realizada para frautas soprano e contralto, carillón e demais PAD. Está transportada a Do maior (o orixinal en Sol Maior). A parte de frauta é moi asequible, tamén os PAD. A parte do carillón é máis complicada, pero sempre é posible empregar a partitura como acompañamento... Hai moitas posibilidades.

Pódese escoitar a peza orixinal nesta ligazón