imprimir
Visitas: 4669

Esta Sarabanda da suite en re menor de Haendel é unha das composicións máis famosas do músico alemán afincado en Inglaterra. Nela aparece, como non, o recurso da variación, arte na que o compositor é un auténtico mestre. Non nos estrana que outros autores posteriores, tamén xenios da variación, como Beethoven ou Brahms, estudasen a fondo estas partituras.