O proxecto de gravar toda a obra de J.S. Bach en formato dixital de calidade e ofrecela en streaming accesible a calquera persoa arrancou oficialmente o 2 de maio de 2014. Este proxecto chámase All of Bach.

Está respaldado pola Nederlandse Bachverenining e dirixido por Jan Van den Bossche. Quere ser coma un resumo dun período moi importante na historia da práctica interpretativa da música barroca. Cada semana, máis ou menos, engádese unha nova interpretación. Ademais de poder vivir a música, tamén nos proporcionan informacións variadas sobre a partitura, o instrumento ou o intérprete da cada unha das gravacións.

Como mostra, nesta ligazón pódese gozar coa Toccata e fuga en re menor BWV 538, Dórica (así chamada na Edición Peters para diferenciala da outra máis famosa). Está interpretada polo organista Leo Van Doesebaar no órgano da Walloom Church, en Holanda.

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.