Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Día das Letras Galegas 2010

Correo-e Imprimir

17 de maio de 2010: Día das Letras Galegas.

Este ano está adicado ao poeta de O Courel, Uxío Novoneyra. A paisaxe, a fauna e a xente deste espazo natural galego está presente en toda a súa obra poética.

O galego, como lingua que o ensino debe promocionar e difundir, ten un oscuro futuro nas mans da administración galega actual. O novo decreto do galego que o goberno quere sacar adiante, conta cun rexitamento case unánime: da Academia Galega da Lingua, do Consello Consultivo de Galicia, do Consello da Cultura Galega, do Consello Escolar de Galicia, dos sindicatos de ensinantes, da maoría das asociacións de nais e pais, das asociacións estudiantís e dunha chea de organizacións culturais e profesionais do país. Sen embargo, a cousa semella avanzar, e en contra da meirande parte da comunidade escolar, en breve, a coitelada á nosa lingua deixaraa ferida gravemente, nuns intres nos que o galego, sobre todo entre a poboación xove, está caendo en desuso dun xeito alarmante.

A esperanza é o único que podemos perder. Sirva esta Letanía de Galicia como homenaxe a este escritor que enriqueceu a nosa lingua e a levou a altas cotas literarias, nunha produción moi orixinal:

Está aquí: Noticias Destacado Día das Letras Galegas 2010