25 de xullo, Día de Galicia. Unha conmemoración para reivindicar máis Galicia, para facer realidade as esperanzas dos nosos antergos, para ensinar ás novas xeracións a importancia e o valor da cultura galega.
Pascual Veiga e Eduardo Pondal compuxeron o noso himno. A partitura está dispoñible aquí. A Real Filharmonía dirixida por Maximino Zumalave interpreta a versión completa do Himno Galego.