O Preludio e Fuga BWV 855 en mi menor de J.S. Bach é unha obra chamativa. Por un lado, un preludio con dúas seccións: a primeira máis lenta, tenra, morriñenta; a segunda, un vertixinoso Presto que desemboca nunha fuga potente a dúas voces. O preludio ten unha entidade propia, podería ser unha obra independente. O principio barroco do contraste está moi presente nesta obra de Bach.

Escoitamos a versión de Andrei Gavrilov, ao piano, cun toque moi claro e un tempo pensamos que bastante axeitado para expresar a música.

Agora, unha versión alternativa, a do aclamado Glenn Gould. Fíxense como chama a atención o fraseo e estacato da man esquerda... Só soa o preludio.

O preludio inspirou ao pianista Siloti a realizar unha versión para piano do preludio 855a que é bastante interpretada polos pianistas rusos. Neste vídeo, o xenial Emil Gilels interpreta a versión de Siloti. Como pode ser posible realizar esta marabilla? Isto é o que fai á música GRANDE.