Esta fermosa páxina coral composta por Franz Biebl (1906-2001) está perfectamente interpretada por este coro feminino Pro Musica Nyíregháza/Hungría, dirixida por Denes Szabo. As sorprendentes modulacións que a partitura ofrece xunto coa claridade do texto e o bonito diálogo entre as voces fan desta obra unha das máis fermosas deste xénero. Poden baixar esta partitura, e outras tamén para coro, en formato pdf nesta ligazón.