A música, esa arte que ten como materia prima o son e o silencio, ese son que está e non está, que é efímero e que se converte en silencio, que é difícil repetir exactamente igual dúas veces... A música, que é capaz de chegar ata o máis fondo do noso corazón e conmovernos, que nos divirte, que nos consola, que enche toda a nosa vida... A música, que nos pode ensinar a natureza humana en todos os seus sentidos, que "nos proporciona a posibilidade de fuxir da vida e, por outro lado, de comprendela mellor" (Daniel Barenboim)... A música...

Haendel compuxo a Oda para o día de Santa Cecilia HWV 79. A versión completa interpretada por Les Arts Florissants.