Este fermoso concerto RV 93 de Vivaldi ofrece a posibilidade de poder escoitar un instrumento antigo, o laúde. Nos grupos de música barroca é frecuente escoitar ao laúde ou a tiorba como instrumento integrante do continuo xunto co clave e un instrumento de corda fretada grave.

Neste concerto, o laúde é instrumento solista. O tempo central destaca pola súa beleza e popularidade, un tempo lento, cun tema musical que enfeitiza e enche o ambiente de morriña.

O estupendo solista desta interpretación é Giovanni Antonini coa orquestra Il Giardino Armonico.