Sergei Rachmaninov (1873-1943) foi un excelente compositor, ademais de afamado intérprete e director. Na súa música pódese albiscar anacos de música popular rusa, pero de tal xeito que soa a música universal, unha música que podemos facer nosa e coa que todos podemos sentir o que o compositor desexa transmitir. O fracaso da súa primeira sinfonía causoulle unha tremanda depresión que o inhabilitou para a creación musical durante un tempo. Grazas a un tratamento psicolóxico con bos resultados, Rachmaninov saíu da súa crise e compuxo esa serie de obras impresionantes que comezou coa Segunda Sinfonía, os catro concertos para piano e orquestra, varios poemas sinfónicos e a música para piano.

Ser un virtuoso do piano e, á vez, posuír a inspiración precisa, fan que as obras pianísiticas de Rachmaninov brillen con luz propia. Os preludios para piano constitúen unha mostra disto. Imos propoñer a escoita de dous preludios op 23 magníficante interpretados por Nikolai Lugansky.

 

  • Preludio op 23 nº 5 -> Brillante, potente, con forma ternaria (parte A moi rítmica e portentosa, parte B con melodía romántica e brillante, unha especie de accelerando leva á repetición da parte A con diferenzas).


  • Preludio op 23 nº 4 -> Unha melodía íntima, sinxela, suxerente, profunda, construída a base dun deseño que se amplía por progresións. O intérprete está xenial...