Pergolesi (1710-1736) pasou grande parte da súa vida na corte de Nápoles. A súa fama como compositor de óperas bufas percorreu todo o continente europeo e, entre outras cousas, favoreceu unha famosa liorta en París entre os defensores da ópera seria francesa e os da ópera cómica italiana.

A súa ópera  máis coñecida é A selva padrona, unha ópera cómica, (que orixinariamente era un intermezzo pertencente á ópera seria Il prigioniero superbo). Tamén destaca O frade namorado ou L'olimpiade. Compuxo ademais, música sacra e secular.

Sen dúbida, a obra que pasou á historia e que aínda goza hoxe de grande aprecio polo público e polos intérpretes é o Stabat Mater, esa obra que trata da dor dunha nai ao ver sufrir e morrer ao seu fillo. A música expresa sentimentos de laio, de perda, de ausencia, de dor, pero todo isto bastante contido...

Nesta versión temos a unha soprano e unha contralto como voces:

En cambio, nestoutra versión temos a un rapaz facendo de soprano e a un contratenor facendo a voz de contralto. Tamén cambia un chisco a instrumentación...: