Hoxe, 22 de novembro de 2009, festexamos Santa Icía, ou Santa Cecilia, a patroa da música. Nestas dúas semanas véñense celebrando e vanse celebrar actos de diferentes agrupacións e asociacións musicais para conmemorar esta data.

Nós sumámonos a esta celebración cunha espectacular actuación dun director singular e extraordinario, Rowan Atkinson, quen dirixe con especial esmero unha versión da Quinta Sinfonía de Beethoven. Que disfruten!