Hoxe é 02 de outubro de 2009. Son as 18:45. Están a piques de anunciar cal vai ser a capital que organizará a Olimpiada de 2016. Hai moitos nervos... A cousa está entre Rio de Janeiro e Madrid.

Son a 18:50 e din que como en todas as competicións só hai un gañador. Chega o Presidente do COI.

Son as 18:51, ábrese o sobre... e RIO DE JANEIRO é a gañadora. Estaba cantado... Nunca houbo tal competición en Sudamérica e merecen unha oportunidade.

Como recompensa ao esforzo realizado pola delegación española e madrileña, unha bonita composición de Nat King Cole: Madrid. Despois da introdución hai unha sorpresa melódica. Toca adiviñar cal é esa famosa melodía... Semella bastante doado.