Schubert é un compositor no que a inventiva melódica e o tratamento harmónico cobran unha grande viveza e expresividade. Entre os recursos que o compositor domina e sácalle o mellor partido  posible está a modulación.

Os lieders de Schubert constitúen un auténtico corpus da canción tripartita romántica. Este que lles presentamos posúe unha singularidade chamativa. Titúlase "O pastor na rocha" ou "Der Hirt auf dem Felsen". A singularidade é a distribución tímbrica, para piano, clarinete e soprano (caso pouco frecuente) e o papel importante do clarinete mentres que o piano adoita un papel secundario. Está estructurada en tres partes: as partes extremas bastante animadas, mentres que a central con certo carácter dramático. Ao longo do lieder pódense apreciar claramente varias modulacións, que se poden confirmar observando a partitura dos vídeos.
 
Presentámos dous vídeos coa partitura deste lieder. O primeiro contén as dúas primeiras partes:
 
 
We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.