Esta Misa en si menor é unha auténtica xoia que o grande compositor luterano agasallou aos católicos. Para mostra, este fermoso "Agnus Dei" nesta ocasión cantado polo contratenor Andreas Scholl nun vídeo que nos ofrece outra forma de escoitar a música: a partitura. Xenial.