Grazas ao blog El Aula Musical de Adriana, acabamos de descubrir unha faciana interesante da música do compositor Morten Lauridsen. Trátase de "Les chansons des roses". Dentro deste conxunto de pezas inspiradas nos poemas de Rainer María Rilke sobre as rosas, imos escoitar a peza titulada " Dirait-on "para coro con acompañamento de piano.

Unha melodía ondulante con dous picos, un grave e outro agudo serve de base a un desenvolvemento imitativo das voces, con momentos de unísono, sobre o tamén ondulante acompañamento do piano. Todo dá unha sensación de pacífica fluidez e créase unha atmosfera chea de tenrura e delicadeza. Fermosa música!!

 

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.