Robert Schumann naceu o 8 de xuño de 1810 en Zwickau e finou en Bonn en 1856, polo tanto, este ano 2010 tamén se celebra o 200 aniversario do seu nacemento.

Schumann foi un compositor que levou ata o extremos os cánones propios do romanticismo musical. Cultivou a composición para piano, música de cámara, sinfónica, o lieder... As súas sinfonías amosan unhas combinacións tímbricas moi persoais que lle confiren grande orixinalidade. Na xénese da súa linguaxe musical propia, a polifonía xoga un papel moi importante. Ademais, tamén foi crítico musical e apoiou o talento de varios compositores xóvenes da súa época, entre eles, Johannes Brahms.

O seu catálogo de obras é moi amplo. Aquí ilustraremos este artigo con algunha peza pouco coñecida, como pode ser algún dos Estudos op 56 para piano con pedal, que hoxe adóitanse tocar en órgano. A súa obra máis completa para órgano son as Seis fugas sobre o nome de Bach opus 60. Aquí teñen o Estudo nº 4 op 56, nunha excelente intepretación do organista Thomas Murray. Que música máis entrañable...!!!