Feliz Día de Santa Cecilia! A música, esa arte que ten como materia prima o son e o silencio, ese son que está e non está, que é efímero e que se converte en silencio, que é difícil repetir exactamente igual dúas veces... A música, que é capaz de chegar ata o máis fondo do noso corazón e conmovernos, que nos divirte, que nos consola, que enche toda a nosa vida... A música, que nos pode ensinar a natureza humana en todos os seus sentidos, que "nos proporciona a posibilidade de fuxir da vida e, por outro lado, de comprendela mellor" (Daniel Barenboim)... A música.
Haendel compuxo a Oda para o día de Santa Cecilia HWV 79. Nesta obra hai unha aria titulada But oh! what art can teach que pensamos paga a pena compartir con todos/as e pararse a escoitar e disfrutar da... MÚ-SI-CA.









