Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Les chansons des roses - Morten Lauridsen

Correo-e Imprimir

Grazas ao blog El Aula Musical de Adriana, acabamos de descubrir unha faciana interesante da música do compositor Morten Lauridsen. Trátase de "Les chansons des roses". Dentro deste conxunto de pezas inspiradas nos poemas de Rainer María Rilke sobre as rosas, neste vídeo imos escoitar dúas composicións: a primeira para coro a capella, titulada "La rose complète", e a segunda, que aparece polo minuto 4:44, a titulada " Dirait-on "para coro con acompañamento de piano, interpretadas polo propio compositor ao piano e o coro Armonia Recondita.

Chámanos a atención a última peza. Unha melodía ondulante con dous picos, un grave e outro agudo serve de base a un desenvolvemento imitativo das voces, con momentos de unísono, sobre o tamén ondulante acompañamento do piano. Todo dá unha sensación de pacífica fluidez e créase unha atmosfera chea de tenrura e delicadeza. Fermosa música!!

Está aquí: Música para escoitar Audicións Les chansons des roses - Morten Lauridsen