Análise do primeiro movemento Sonata op.2 n°1 -Beethoven
Sábado, 08 Outubro 2011 15:46
administrador
Amosamos a análise realizada co aplicativo iAnalyse do Primeiro Movemento da Sonata para piano en fa menor op 2 nº1 de Beethoven. A partitura posúe toda a información precisa para disfrutar da música e apreciar dun xeito intuitivo a forma-sonata que adoita este movemento.
Última actualización feita o Domingo, 09 Outubro 2011 09:10
O cuco - Gli Uccelli - Respighi
Luns, 18 Abril 2011 15:00
administrador
"Os mes de abril chegou e o cuco xa cantou"... A letra dunha popular cantiga infantil.
Ottorino Respighi, compositor e grande mestre da orquestración, adicou unha obra sinfónica aos paxaros Gli Uccelli. O último número ten ao cuco como protagonista. Sobre un tema propio da música do século XVIII aparece en determinados pasaxes a imitación do cuco, sempre moi ben recoñecible. Fermosa obra para esta primavera.
Última actualización feita o Luns, 18 Abril 2011 15:20
Nina Simone, grande artista
Mércores, 13 Abril 2011 16:10
administrador
Nina Simone, unha muller cunha vida comprometida coa defensa dos dereitos civís en Estados Unidos, unha artista que non se pode encasillar, unha artista orixinal, cunha impresionante técnica pianística ao servizo da expresión dos sentimentos máis profundos, cunha voz de contralto especial e cun estilo mestura da fusión de elementos procedentes do soul, do rythman-blues, do jazz, do blues e da música clásica. As súas actuacións transmiten pasión, non deixan ao oínte en absoluto indiferente, son, moitas veces, conmovedoras e chegan ao corazón directamente.
Presentamos dúas mostras destas características do seu estilo:
My Babe Just Cares for me, versión en directo no Festival de Montreux.
For all we know, nunha versión para trío, tamén en directo.
Tiento de 2º tono sobre la letanía de la Virgen - Pablo Bruna
Sábado, 02 Abril 2011 10:56
administrador
Os séculos XVII e XVIII considéranse coma os "séculos de ouro" do órgano ibérico. O órgano ibérico pódese definir como un modelo de órgano que se construía na península Ibérica, é dicir, nos reinos de Castela, Portugal e Aragón. Señas identitarias deste órgano son o teclado partido, o segredo de corredeiras, a disposición horizontal da lingüetería no exterior da caixa, a arca de ecos... Tamén o rexistro fundamental deste órgano é o frautado de 13 palmos. En Galicia temos un dos mellores órganos deste período en activo, aínda que moi necesitado dunha conveniente restauración. Trátase do órgano da Igrexa de Santa María de Xunqueira de Ambía (Ourense). Como exemplo de música deste período escollemos a obra de Pablo Bruna "Tiento de 2° Tono sobre a Letania de la Virgen". Sobre a melodía da ladaíña, Bruna constrúe unha serie de improvisacións cada vez máis audaces e ricas en cambios rítmicos e harmónicos. Ofrecémoslle dous vídeos:
Organista: Santiago Banda. Órgano: Igrexa dos Pais Dominicos de Pamplona.
Partitura máis audición
Última actualización feita o Sábado, 02 Abril 2011 11:08
Xa estamos en primavera... Mendelssohn
Sábado, 26 Marzo 2011 12:04
administrador
O pasado luns 21 de marzo entrou a primavera. Este ano queremos pintar musicalmente esta estación coa Canción de Primavera op 62 nº 6 das Romanzas sen palabras de Felix Mendelssohn.
Mendelssohn escribe unha fermosa canción onde una delicada melodía vai acompañada cunha serie de adornos ondulantes, de xeito que semellan as ás dunha bolboreta (isto é totalmente subxectivo).
Interpreta a obra Daniel Barenboim
Última actualización feita o Sábado, 26 Marzo 2011 12:13