Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Música para escoitar

215 aniversario do nacemento de Franz Schubert

Correo-e Imprimir

Hoxe, 31 de xaneiro de 2012, cúmprense 215 anos do nacemento do grandísimo músico vienés Franz Schubert (1797-1828). En tan só 31 anos de vida, Schubert deixounos intres musicais intensos, fermosos, cheos de morriña e desesperación, de auténtica ledicia... Schubert, un xenio da harmonía e da modulación, un arquetipo de artista do primeiro romanticismo.

Da súa obra podiamos escoller calquera grande composición. Ímonos decantar por unha obra de cámara: o Andante do Trío nº 2 op 100 en Mi bemol maior. Escoiten e disfruten... Un boa versión: Trío Wanderer.

Partitura en pdf, páxinas 22 a 30

Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:45

Freuet euch des Lebens - Op 340 - Johann Strauss

Correo-e Imprimir

A segunda peza que nos chamou a atención no Concerto de Aninovo 2012 foi "Freuet euch des Lebens" (Disfrutade da vida ou Aledavos a vida) - Op 340 de Johann Strauss. Un fermosa tanda de valses, con ánimo optimista e moi ledo, cunha coreografía orixinal.

Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:47

Hans Christian Lumbye: Tranvía a vapor de Copenhague

Correo-e Imprimir

Feliz 2012!!!

Este ano no Concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena, estupendamente dirixido por Mariss Janson, houbo un par de pezas que nos chamaron moito a atención. Aquí ímonos referir á primeira, titulada Tranvía a vapor de Copenhague, do compositor danés Hans Christian Lumbye, moi amigo dos Strauss. A composición describe unha viaxe en tren a vapor con todos os sons propios da mesma. A versión da orquestra vienesa é endiabladamente magnífica: grande realismo e axeitada velocidade. Toda unha homenaxe ao ferrocarril...

Última actualización feita o Martes, 03 Xaneiro 2012 17:22

Music Painting - Lacrime di Giulietta - Matteo Negrin

Correo-e Imprimir

Música para escoitar e ver. Fantástico vídeo.

MUSIC PAINTING - Glocal Sound - Matteo Negrin from Smile Lab on Vimeo.

Última actualización feita o Domingo, 04 Decembro 2011 11:53

Variacións sobre un tema de Paganini op 35 - Brahms

Correo-e Imprimir

As Variacións sobre un tema de Paganini op 35 de Brahms (Estudos para pianoforte) constitúen un monumento, xunto coas Variacións sobre un tema de Haendel (para piano) e as Variacións sobre un tema de Haydn (para orquestra) do mesmo autor, á forma musical da variación. Brahms era un auténtico MESTRE desta forma musical. Traballar un tema, diseccionalo, modificalo de xeito que o espírito do mesmo non se perda, amplialo, enriquecelo ata chegar ao culmen da grande variación, onde a inventiva e a inspiración do compositor amósanse protagonistas da obra, "superando" o terma musical que a orixinou. Este é o traballo de Brahms. Magnífico. O virtuosismo técnico que a partitura encerra (son uns estudos para piano de máxima dificultade) non se pode afrontar sen unha enorme musicalidade por parte do intérprete.

Ofrecemos dous vídeos de dous pianistas. O primeiro libro, (14 variacións), un pianista que xa está ocupando un lugar de honra na historia da interpretación neste instrumento, Emil Gilels. (14 variacións)

O segundo libro, outras 14 variacións, está interpretado por outro pianista ruso, Dmitriy Onyshchenko, xoven pianista gañador dun Concurso Tchaikovski.

Última actualización feita o Luns, 07 Novembro 2011 20:59

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Está aquí: Música para escoitar