Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Musicanaescola

Cancións tradicionais

Correo-e Imprimir

Nesta páxina titulada "Canciones tradicionales" o autor fai unha escolma de cancións tradicionais organizada por continentes e países. Adxúntanse mp3 obtidos desde Youtube e partituras de calidade en formato pdf, descargable para usuarios rexistrados (rexistro de balde)

Captura pantalla

Última actualización feita o Venres, 11 Novembro 2011 10:22

Coral BWV 654 - Melodía - J.S.Bach

Correo-e Imprimir

Esta é a melodía e a tradución sobre a que se basou o coral BWV 654 para órgano de J.S.Bach. Ao mesmo tempo serve de mostra do uso de Google Docs para compartir documentos e inserilos en blogs e webs.

Coral BWV 654

Guía didáctica de instrumentos galegos

Correo-e Imprimir

Moisés Quintas vén de presentar a súa publicación titulada "Guía didáctica de instrumentos galegos". O autor presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta
de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a
construción de instrumentos sinxelos.

Última actualización feita o Venres, 01 Xullo 2011 16:47

O tema de Nokia, unha fuga... e máis

Correo-e Imprimir

Os teléfonos Nokia popularizaron unha melodía que, utilizada de xeito predeterminado, soou e aínda soa en moitos dos seus terminais. Esta melodía está extraída do Grande Valse para guitarra de Tárrega. Neste vídeo, a primeira vez que se escota o tema é no segundo 15.


Inspirándose na técnica compositiva do contrapunto e fuga, ao xeito de Bach, o compositor Vincent Lo presenta a Fuga Nokia op.31, que ten como tema esas poucas notas. Comproben o que o tema pode dar de si...:

O pianista Marc-André Hamelin tamén realizou os seus experimentos e compuxo o Valse Irritation d'après Nokia, unha pequena peza que escoitamos e da que podemos ver a partitura:

Última actualización feita o Domingo, 17 Xullo 2011 10:53

Zarabanda - s XVIII

Correo-e Imprimir

Esta Zarabanda, de autor anónimo do século XVIII, está recollida no libro Flores de Música que o organista franciscano Martín y Coll recopilou. É unha peza sinxela para iniciarse no mundo do teclado.

Aquí en formato pdf.

Última actualización feita o Domingo, 17 Xullo 2011 10:45

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Está aquí: Home