Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Rock & Roll para muñones

Correo-e Imprimir

Rock & Roll para muñones é un curso gratuito para aprender a tocar a guitarra, que explica dun xeito sinxelo e desenfadado as dificultades técnicas e a linguaxe musical necesario para aprender a interpretar este estilo musical.

Páxina web de Rock&Roll para muñones

Frescobaldi 2 - Lilypond para Linux e Windows

Correo-e Imprimir

O aplicativo Frescobaldi 2, que facilita a edición de partituras con Lilypond, xa está dispoñible para a descarga. Agora inclúe un instalador completo para Windows de xeito que se pode empregar neste sistema operativo. A versión para MacOs X está de camiño.

Máis información

Instatánea de Frescobaldi 2 en Windows

215 aniversario do nacemento de Franz Schubert

Correo-e Imprimir

Hoxe, 31 de xaneiro de 2012, cúmprense 215 anos do nacemento do grandísimo músico vienés Franz Schubert (1797-1828). En tan só 31 anos de vida, Schubert deixounos intres musicais intensos, fermosos, cheos de morriña e desesperación, de auténtica ledicia... Schubert, un xenio da harmonía e da modulación, un arquetipo de artista do primeiro romanticismo.

Da súa obra podiamos escoller calquera grande composición. Ímonos decantar por unha obra de cámara: o Andante do Trío nº 2 op 100 en Mi bemol maior. Escoiten e disfruten... Un boa versión: Trío Wanderer.

Partitura en pdf, páxinas 22 a 30

Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:45

Freuet euch des Lebens - Op 340 - Johann Strauss

Correo-e Imprimir

A segunda peza que nos chamou a atención no Concerto de Aninovo 2012 foi "Freuet euch des Lebens" (Disfrutade da vida ou Aledavos a vida) - Op 340 de Johann Strauss. Un fermosa tanda de valses, con ánimo optimista e moi ledo, cunha coreografía orixinal.

Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:47

Hans Christian Lumbye: Tranvía a vapor de Copenhague

Correo-e Imprimir

Feliz 2012!!!

Este ano no Concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena, estupendamente dirixido por Mariss Janson, houbo un par de pezas que nos chamaron moito a atención. Aquí ímonos referir á primeira, titulada Tranvía a vapor de Copenhague, do compositor danés Hans Christian Lumbye, moi amigo dos Strauss. A composición describe unha viaxe en tren a vapor con todos os sons propios da mesma. A versión da orquestra vienesa é endiabladamente magnífica: grande realismo e axeitada velocidade. Toda unha homenaxe ao ferrocarril...

Última actualización feita o Martes, 03 Xaneiro 2012 17:22

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Está aquí: Home