Musicanaescola

Educación Musical para todos e todas

  • Full Screen
  • Wide Screen
  • Narrow Screen
  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
GalegoCastellano

Miserere mei, Deus

E-mail Imprimir
There are no translations available.

Miserere mei, Deus é unha obra de Gregorio Allegri (1582-1652), un compositor de música sacra dentro do Coro Papal.

É unha obra para dous coros: un coro (de catro voces) canta unha versión simple do tema orixinal, mentres que o outro (de cinco voces) realiza a certa distancia comentarios máis elaborados. Estes comentarios non se escribían e eran codiciados por mestres de capela doutras cortes. Só había dúas copias: unha tíñaa Leopoldo I e outra, Martini. Ata que chegou o xove Mozart, con 14 anos, e escribiu, tras escoitala unha soa vez, todas as improvisacións.