Musicanaescola

Música para todos e todas

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
Musicanaescola

Os preludios de Rachmaninov

Correo-e Imprimir

Sergei Rachmaninov (1873-1943) foi un excelente compositor, ademais de afamado intérprete e director. Na súa música pódese albiscar anacos de música popular rusa, pero de tal xeito que soa a música universal, unha música que podemos facer nosa e coa que todos podemos sentir o que o compositor desexa transmitir. O fracaso da súa primeira sinfonía causoulle unha tremanda depresión que o inhabilitou para a creación musical durante un tempo. Grazas a un tratamento psicolóxico con bos resultados, Rachmaninov saíu da súa crise e compuxo esa serie de obras impresionantes que comezou coa Segunda Sinfonía, os catro concertos para piano e orquestra, varios poemas sinfónicos e a música para piano.

Ser un virtuoso do piano e, á vez, posuír a inspiración precisa, fan que as obras pianísiticas de Rachmaninov brillen con luz propia. Os preludios para piano constitúen unha mostra disto. Imos propoñer a escoita de dous preludios op 23 magníficante interpretados por Nikolai Lugansky.

 

  • Preludio op 23 nº 5 -> Brillante, potente, con forma ternaria (parte A moi rítmica e portentosa, parte B con melodía romántica e brillante, unha especie de accelerando leva á repetición da parte A con diferenzas).


  • Preludio op 23 nº 4 -> Unha melodía íntima, sinxela, suxerente, profunda, construída a base dun deseño que se amplía por progresións. O intérprete está xenial...

 

Curso de edición de partituras con MuseScore

Correo-e Imprimir
MuseScore é un editor de partituras de balde para linux e windows do que xa falamos hai un tempiño. O programa vai madurando e na próxima versión 0.9.5 aparecerán novidades sorprendentes... A versión 0.9.4 permite crear partituras con boa calidade... En Linux Musical ofrécennos un curso de edición de partituras empregando MuseScore...
 

La máquina de escribir - Un musicograma

Correo-e Imprimir

"La máquina de escribir" es una popular composición del norteamericano Leroy Anderson. Un musicograma explica una estructura musical y posibilita el seguimiento de la partitura. Un posible musicograma de esta pieza musical puede verse en este vídeo...

Última actualización feita o Sábado, 02 Maio 2009 12:00
 

Barcarola - Os contos de Hoffmann - Offenbach

Correo-e Imprimir

No Concerto de Aninovo 2010, a Orquestra Sinfónica de Viena dirixida por George Prêtre interpretou na segunda parte unha obertura de Offenbach, que logo o compositor empregaría na Barcarola da ópera Os contos de Hoffmann.


Isidro Vidal realiza unha nova e fermosa presentación con este tema que pon a disposición de todos nós.

Ver máis presentacións de Isidro Vidal

 

300 anos do nacemento de Pergolesi

Correo-e Imprimir

Pergolesi (1710-1736) pasou grande parte da súa vida na corte de Nápoles. A súa fama como compositor de óperas bufas percorreu todo o continente europeo e, entre outras cousas, favoreceu unha famosa liorta en París entre os defensores da ópera seria francesa e os da ópera cómica italiana.

A súa ópera  máis coñecida é A selva padrona, unha ópera cómica, (que orixinariamente era un intermezzo pertencente á ópera seria Il prigioniero superbo). Tamén destaca O frade namorado ou L'olimpiade. Compuxo ademais, música sacra e secular.

Sen dúbida, a obra que pasou á historia e que aínda goza hoxe de grande aprecio polo público e polos intérpretes é o Stabat Mater, esa obra que trata da dor dunha nai ao ver sufrir e morrer ao seu fillo. A música expresa sentimentos de laio, de perda, de ausencia, de dor, pero todo isto bastante contido...

Nesta versión temos a unha soprano e unha contralto como voces:

En cambio, nestoutra versión temos a un rapaz facendo de soprano e a un contratenor facendo a voz de contralto. Tamén cambia un chisco a instrumentación...:

Última actualización feita o Mércores, 06 Xaneiro 2010 10:34
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL