O aplicativo Frescobaldi 2, que facilita a edición de partituras con Lilypond, xa está dispoñible para a descarga. Agora inclúe un instalador completo para Windows de xeito que se pode empregar neste sistema operativo. A versión para MacOs X está de camiño.
Hoxe, 31 de xaneiro de 2012, cúmprense 215 anos do nacemento do grandísimo músico vienés Franz Schubert (1797-1828). En tan só 31 anos de vida, Schubert deixounos intres musicais intensos, fermosos, cheos de morriña e desesperación, de auténtica ledicia... Schubert, un xenio da harmonía e da modulación, un arquetipo de artista do primeiro romanticismo.
Da súa obra podiamos escoller calquera grande composición. Ímonos decantar por unha obra de cámara: o Andante do Trío nº 2 op 100 en Mi bemol maior. Escoiten e disfruten... Un boa versión: Trío Wanderer.
Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:45
Freuet euch des Lebens - Op 340 - Johann Strauss
Domingo, 15 Xaneiro 2012 17:12
administrador
A segunda peza que nos chamou a atención no Concerto de Aninovo 2012 foi "Freuet euch des Lebens" (Disfrutade da vida ou Aledavos a vida) - Op 340 de Johann Strauss. Un fermosa tanda de valses, con ánimo optimista e moi ledo, cunha coreografía orixinal.
Última actualización feita o Martes, 31 Xaneiro 2012 20:47
Hans Christian Lumbye: Tranvía a vapor de Copenhague
Luns, 02 Xaneiro 2012 22:00
administrador
Feliz 2012!!!
Este ano no Concerto de Aninovo da Filharmónica de Viena, estupendamente dirixido por Mariss Janson, houbo un par de pezas que nos chamaron moito a atención. Aquí ímonos referir á primeira, titulada Tranvía a vapor de Copenhague, do compositor danés Hans Christian Lumbye, moi amigo dos Strauss. A composición describe unha viaxe en tren a vapor con todos os sons propios da mesma. A versión da orquestra vienesa é endiabladamente magnífica: grande realismo e axeitada velocidade. Toda unha homenaxe ao ferrocarril...
Última actualización feita o Martes, 03 Xaneiro 2012 17:22
Concerto de Nadal do Coro Universitario de Ourense
Sábado, 10 Decembro 2011 15:01
administrador
O Coro Universitario Schola Cantorum de Ourense actuará nun concerto de música sacra e de nadal o vindeiro domingo 18 de decembro de 2011 ás 18:00 h. na Igrexa de San Breixo (Seixalbo) coa intervención do tenor Baldomero Pavón.