Arquivo

Posts Tagged ‘violín’

Así se contrúe un violín

Luns, 15 de Novembro de 2010 Sen comentarios

O proceso artesanal de construción dun violín amósase neste vídeo…

Categorías: Recursos Etiquetas: ,

Sarasate, Galicia e… Carlos Núñez

Domingo, 3 de Xaneiro de 2010 Sen comentarios

Pablo Sarasate, (1844-1904), adicou a súa vida musical ao violín (foi un dos mellores violinistas de todos os tempos) e á composición. O músico navarro compuxo obras onde o virtuosismo e a musicalidade son esixencias imprescindibles para os intérpretes.
O zapateado, obra para violín e piano, amosa as características singulares da música de Sarasate. Case todas as técnicas interpretativas neste instrumento están condensadas na obra. No vídeo que propoñemos, o violinista Gil Shaham aúna unha espectacular técnica e unha musicalidade extraordinaria:

A Fantasía sobre Carmen de Bizet esixe ademais de saber transmitir eses intres tan íntimos dalgúns momentos da obra unha grande resistencia física (fixarse no segundo vídeo ao final…):

Sarasate, na súa faciana compositiva, prestou moita atención ao folclore de España. Títulos como Xota aragonesa, Serenata andaluza, Zortzico de Iparraguirre… e Muiñeira. Efectivamente, Sarasate non quixo esquecer Galicia e compuxo esta Muiñeira op 32 para violín e piano.
Carlos Núñez realizou unha impresionate versión para frauta e orquestra que se pode escoitar neste vídeo. É de valorar o grande e espectacular traballo interpretativo do solista:
.