Grazas a Marián Domínguez, podemos disfrutar e aprender dun xeito entretido os principios sobre os que se constrúen os instrumentos de vento madeira así como as súas características máis importantes. Chama a atención o título: De que cor son os ventos.
Por fin atopamos algo que andabamos a buscar desde había moito tempo. Aínda que a calidade da imaxe non é a ideal, aquí lles ofrecemos a Guía da Orquestra para mozos, interpretada por Michael Tilson Thomas e a Sinfónica de Londres.
Nosvemosenelblog amósanos un estupendo vídeo realizado polo debuxante italiano Osvaldo Cavandoli no que nos ofrece a súa versión da Sonata KV 545 en do maior de W.A.Mozart, nos seus dous primeiros tempos. É unha delicia. Grazas, Marian, polo túa incesante procura de recursos e por compartir os resultados con todos…
A marimba é un instrumento idófono, de percusión, con láminas. É un instrumento de son afinado e polifónico. As súas láminas son de madeira e cada lámina posúe un tubiño afinado na mesma nota que constitúe a caixa de resonancia e amplifica o son.
Neste vídeo, o intérprete toca unha transcrición de música para violín de Bach. Nesta interpretación escoitamos unha magnífica lectura da música de Bach e unha grande musicalidade.
Así coma no órgano, existe un rexistro grave chamado Subbaixo, tamén na familia da frauta doce, pódese contruír e empregar a frauta subcontrabaixo. Vexan o seguinte vídeo no que se presenta este instrumento, afinado a 432, é dicir, case un semitón menos ca a afinación actual, propio da música antiga:
O Theremin foi o primeiro sintetizador da historia. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas anteas. A da esquerda (desde o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man baixa o volume e se a alonxas, sobe). A da dereita é unha antea vertical na que se controla a frecuencia (a altura do son): se achegas a man, aumenta a frecuencia (máis agudo) e se alonxas a man, diminúe a frecuencia (máis grave).
Poden comprobalo neste vídeo:
As ondas Martenot é un instrumento electrófono creado por Martenot, violonchelista, inventor e pedagogo musical francés. Consta dun teclado, un altofalante e un xerador de ondas de baixa frecuencia. É un instrumento melódico, só produce un son. Compositores como Martinu, Boulez, Milahaud… compuxeron música para este instrumento.
Neste vídeo explícase, en francés, as ondas Martenot así coma o Theremin, con anaquiños de interpretacións de pezas musicais con estes instrumentos: