Venres, 26 de Novembro de 2010
Esta partitura de Susato, aquí chamada Ronde, é un bo exercicio para practicar o si bemol na frauta soprano. Aquí en formato pdf.
Unha vez dominada a parte de soprano poderíase interpretar co conxunto de frautas, a modo de acompañamento…
Martes, 29 de Decembro de 2009
Un romance galego que conta a historia de Don Sancho, quen foi a terra de mouros e volveu deixando a súa alma prendida nunha fonte… Presentamos dúas partituras:
- Para voz.
- Para frauta, en re menor, para practicar o si bemol.
Tamén en versión pdf.
Xoves, 27 de Decembro de 2007
Unhas rapazas interpretaron en clase de música a catro mans esta peza. Aos seus compañeiros encantoulles. Por iso, ofrecémoslles unha versión para piano e frauta doce da danza Tamboril chinés de Vicenzo Billi.
Tamén en formato pdf.