Domingo, 21 de Novembro de 2010
O grupo Ars Anterga intervirá na Semana Musical Santa Icía 2010 do Conservatorio de Música Profesional de Ourense cun concerto o vindeiro xoves, día 25 de novembro, ás 19:15 h na Sala de Órgano, interpretando un programa no que se inclúen algunhas das Cantigas de Santa María de Afonxo X O Sabio, as Cantigas de Amigo de Martín Códax e unha pequena selección de obras do Renacemento hispano.

Domingo, 8 de Agosto de 2010
No mes de agosto é tradicional a cita co órgano ibérico de Xunqueira de Ambía, Ourense. O XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga, organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía co patrocinio do Xacobeo 2010, programa catro concertos os días 8, 15, 22 e 29 de agosto. Este ano o protagonista absoluto do ciclo é Canco López e o grupo Ars Combinatoria. Temos tamén que salientar o concerto do día 22 a cargo do magnífico organista Jesús Gonzalo quen estamos seguros confeccionará un programa atractivo, variado e divertido para o público.
Poden acceder ao programa premendo nesta ligazón.
Domingo, 1 de Agosto de 2010
Xa está preparada a nova edición do ciclo Música en el Claustro, en Tui. Este ano, a variada oferta musical abrangue desde a música sefardí, con Ana Alcaide, ata as tendencias máis contemporáneas, co grupo Projecto de Foles. O ano Xacobeo será o fío conductor e, para apoiar aos xóvenes músicos de Tui, antes de cada concerto intervirán diferentes agrupacións xurdidas do Conservatorio de Tui. O festival comeza o 24 de agosto.
Máis información, aquí.