Arquivo

Posts Tagged ‘humor’

A música A do Tetris

Mércores, 10 de Febreiro de 2010 Sen comentarios

O Tetris, un xogo de tetraminós moi popular inventado polo inxeñeiro soviético Pázhitnov, posúe varias músicas. A máis popular é a chamada Música A, inspirada nunha canción rusa titulada Korobéiniki, que se pode escoitar neste vídeo.



Nestoutro vídeo podemos escoitar unha versión da mesma melodía… con botellas:

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

Rowan Atkinson, pianista

Luns, 23 de Novembro de 2009 Sen comentarios

O xenial Rowan Atkinson toca o piano dun xeito singular. Ademais, interpreta o primeiro tempo da sonata Patética de Beethoven pero, cando se lle fai tarde, arríncase co último da sonata Claro de Lúa.

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

Danza húngara nº5 Brahms – Chaplin

Mércores, 4 de Novembro de 2009 Sen comentarios

Charles Chaplin foi un magnífico actor, director e compositor das bandas sonoras das súas propias películas. No filme «O grande dictador» hai unha escena onde Chaplin, barbeiro, arránxalle a cara a un cliente seguindo o ritmo e os temas da Danza húngara nº 5 de Brahms.
Xenial…!!!

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

O humor na música – Víctor Borge

Domingo, 28 de Xuño de 2009 Sen comentarios

Víctor Borge foi un pianista e comediante danés que desenvolveu gran parte da súa carreira musical e artística en EEUU. Neno prodixio, combinou a súa faceta concertística co humor e realizou actuacións verdadeiramente cheas de bo e fino humor, unha forma moi axeitada de difundir a música clásica.
Vexan unha proba disto neste vídeo, coa famosa Rapsodia húngara nº2 de Listz:

Categorías: Música para escoitar, Xeral Etiquetas: ,