O círculo da vida – O Rei León

Elton John compuxo algunhas cancións para a banda sonora do filme de Disney O Rei León. Unha das máis coñecidas é O círculo da vida.

O grupo Philippine Madrigal Singers realiza unha estupenda versión vocal do mesmo tema. Que mágoa non poder disfrutalo en directo!

Ave María – Franz Biebl

Esta fermosa páxina coral composta por Franz Biebl (1906-2001) está perfectamente interpretada por este coro feminino Pro Musica Nyíregháza/Hungría, dirixida por Denes Szabo.

As sorprendentes modulacións que a partitura ofrece xunto coa claridade do texto e o bonito diálogo entre as voces fan desta obra unha das máis fermosas deste xénero.

Poden baixar esta partitura, e outras tamén para coro, en formato pdf nesta ligazón.

Ensalada italiana

Os termos propios da linguaxe musical teñen a súa orixe no italiano. Palabras con pizzicato, tenutto, legato, appasionato, piano, con fuoco… aluden a conceptos relacionados coa expresión, coa dinámica, co tempo… Neste vídeo, un coro interpreta unha “Ensalada italiana” de Richard Geene e pode ser un bo exemplo para coñecer eses termos musicais e, o máis importante, o seu significado… Bon proveito!!