Arquivo

Posts Tagged ‘Bach’

In Dulci Jubilo

Venres, 25 de Decembro de 2009 Sen comentarios

É Nadal… Hoxe, en moitas partes do noso planeta a ledicia invade a vida das persoas; noutros moitos lugares, a miseria, a guerra, a intolerancia, o deprezo polos dereitos humanos… son constitutivos do clima humano que se respira… Son as contradicións deste mundo que nos toca vivir.

Esta música que hoxe traemos aquí está chea de ledicia e, tamén, de esperanza. A melodía sobre a que a peza está construída data de 1533. É unha versión de Mike Oldfield da melodía de Nadal In dulci Jubilo. No vídeo, amósase a un xoven músico que toca todos os instrumentos.

J. S. Bach tamén empregou frecuentemente este tema. Ademais de versións para órgano, compuxo unha peza vocal, o Coral BWV 368 titulado In Dulci Jubilo, onde podemos apreciar o impresionante traballo harmónico do compositor. Comparando as dúas composicións, comprobaremos os cambios na linguaxe musical, froito da estética de cada época. Aquí está a partitura do Coral BWV 368.

Categorías: Música para escoitar, Partituras de Bach Etiquetas:

Variacións Goldberg – Variación 1 – Bach

Xoves, 2 de Xullo de 2009 Sen comentarios

As Variacións Goldberg é unha obra que todo concertista de instrumento de tecla debería afrontar ao longo da súa carreira. Hai moitas versións e interpretacións.

Ofrecemos a partitura da Variación 1

Categorías: Partituras de Bach Etiquetas:

Tocata e fuga re menor – Bach – Quinteto metais

Domingo, 6 de Xaneiro de 2008 Sen comentarios

Unha nova versión da popular Tocata e fuga en re menor de J. S. Bach. Esta vez en forma de quinteto de metais a cargo de Canadian Brass. Unha espectacular interpretación non só pola súa variedade tímbrica senón tamén magní­fica técnica que amosa o grupo tanto individual como colectivamente. Á vez, este vídeo serviría para traballar dun xeito activo os instrumentos de vento metal.

Categorías: Música para escoitar, Recursos Etiquetas:

A cantata do café – Bach

Venres, 2 de Novembro de 2007 Sen comentarios

E seguimos con… Bach. A cantata do café BWV 211 preséntanos unha aria cunha melodía con baixo continuo, soprano e frauta traveseira… É coma se fose un dúo entre a voz e o instrumento de vento madeira. Se queren coñecer o significado da letra, poden visitar este artigo de Nos vemos en el blog.
Tamén poden disfrutar deste Slidecast feito por Marian, con orixinais ilustracións realizadas na escuma do café con leite…

Categorías: Música para escoitar, Recursos Etiquetas:

A marimba e … Bach

Sábado, 20 de Outubro de 2007 Sen comentarios

A marimba é un instrumento idófono, de percusión, con láminas. É un instrumento de son afinado e polifónico. As súas láminas son de madeira e cada lámina posúe un tubiño afinado na mesma nota que constitúe a caixa de resonancia e amplifica o son.

Neste vídeo, o intérprete toca unha transcrición de música para violí­n de Bach. Nesta interpretación escoitamos unha magní­fica lectura da música de Bach e unha grande musicalidade.

Bach e o cacarexo das pitas

Martes, 16 de Outubro de 2007 Sen comentarios

Neste mundo hai de todo… menos mal!
Se queren coñecer a posible relación entre o cacarexo das pitas e a música de Bach, lean esta nova.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Musicograma da Tocata e fuga en re menor – Bach

Domingo, 14 de Outubro de 2007 Sen comentarios

Un musicograma animado, baseado sobre todo na altura e na discriminación dos diferentes temas e voces con diferentes cores, aporta unha nova visión a esta partitura: Tocata e fuga en re menor:

Categorías: Música para escoitar, Recursos Etiquetas:

Unha melodí­a magnífica… de Bach

Sábado, 28 de Xullo de 2007 Sen comentarios

O Concerto nº 5 para clave e orquestra de J.S.Bach BWV 1056, no seu Adaxio, encerra unha sublime melodí­a perfectamente realzada polo pizzicatto da corda. Aquí­ ímolo escoitar na versión para piano, non no orixinal, porque nos tempos de Bach os instrumentos de tecla importantes eran o clavecí­n e o órgano.
Queremos destacar tamén o traballo do pianista canario Iván Martín, co seu proxecto Bach.

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

Bach… outra vez!

Martes, 1 de Maio de 2007 Sen comentarios

Si, outra vez… Bach. Agora nas voces dos King’s Singer interpretando «Deconstructing Johann«. Ademais, cos subtítulos en Castelán. ¡Xenial!

Categorías: Música para escoitar Etiquetas:

Air Suite 3 Bach BWV 1068

Venres, 5 de Xaneiro de 2007 1 comentario

En versión para órgano ofrecémoslles a peza tan famosa e popular que J.S.Bach incluiu na súa suite nº 3 para orquestra de cordas: Air de Suite en Re Maior BWV 1068.

Para usuarios de Linux ou que só desexen visualizar ou imprimir sen escoitar esta peza, ofrecémola en formato pdf.

Categorías: Partituras, Partituras Órgano Etiquetas: