Unha máquina, na que as canicas son os elementos causantes do son e cunha enxeñería espectacular, serve para interpretar esta música bastante sinxela, por certo.
Mar52016
Mar52016
Unha máquina, na que as canicas son os elementos causantes do son e cunha enxeñería espectacular, serve para interpretar esta música bastante sinxela, por certo.
Feb142016
Este Andante do cuarteto con piano nº 3 op 60 de Brahms posúe un encanto especial. Formalmente é unha forma ternaria modificada ABCA’. A sección A empeza cunha melodía formada por sucesións de terceiras descendentes a cargo do violoncelo. É un melodía fermosa, potente e delicada á vez, interrogativa e afirmativa, romántica..
Aquí a interpretación dos irmáns Coucheron, piano e violín; Jennifer Stumm, viola e Efe Baltacigil, violoncelo.
Nov122015
En catro concertos (A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense) organizados pola Asociación galega de compositores, os membros desta asociación estrearán máis de 20 obras para diferentes formacións intrumentais. Os concertos desenvolveranse entre decembro e abril.
Fonte:La Voz de Galicia
Nov72015
O proxecto de gravar toda a obra de J.S. Bach en formato dixital de calidade e ofrecela en streaming accesible a calquera persoa arrancou oficialmente o 2 de maio de 2014. Este proxecto chámase All of Bach.
Está respaldado pola Nederlandse Bachverenining e dirixido por Jan Van den Bossche. Quere ser coma un resumo dun período moi importante na historia da práctica interpretativa da música barroca. Cada semana, máis ou menos, engádese unha nova interpretación. Ademais de poder vivir a música, tamén nos proporcionan informacións variadas sobre a partitura, o instrumento ou o intérprete da cada unha das gravacións.
Como mostra, nesta ligazón pódese gozar coa Toccata e fuga en re menor BWV 593, Dórica (así chamada na Edición Peters para diferenciala da outra máis famosa). Está interpretada polo organista Leo Van Doesebaar no órgano da Walloom Church, en Holanda.
Xuñ262015
Mai182015
Moisés Quintas, mestre de Educación Musical e frautista, vén de publicar un estupendo método para aprender todo sobre o pito pastoril, a frauta doce da música tradicional galega.
O plantexamento didáctico, a secuenciación das dificultades, o emprego de exemplos sonoros, a profundidade dos contidos xunto coa claridade e sinxeleza na exposición fan deste método imprescindible e constitúe un fito único na pedagoxía musical galega.
Noraboa por este brillante traballo, Moisés!
Mai162015
Chegou hai uns meses MuseScore 2. Esta nova versión trae moitas novidades, melloras e correccións de erros. Agora estamos ante un editor de partituras moito máis maduro e preparado para a edición de partituras máis complexas.
As novas características poden lerse nesta ligazón.
Feb212015
Unha fermosa obra. Aquí interpretada por Alina Pogostkina (violín), Veronika Hagen (viola), Mischa Meyer (violoncelo) e Jérôme Ducros (piano).
Aquí a partitura:
Xan62015
A Señora Carmen, Carmen Pérez Navazal, voz solista do grupo Malvela, finou antonte aos 89 anos de idade. En 2007 publicou un disco-dvd en solitario, Na flor dos meus anos. A ela gustáballe máis cantar en grupo. Como mostra amosamos este vídeo… Grazas polo seu traballo e polo seu amor á música, ao canto e a Galicia…
Dec72014
Elton John compuxo algunhas cancións para a banda sonora do filme de Disney O Rei León. Unha das máis coñecidas é O círculo da vida.
O grupo Philippine Madrigal Singers realiza unha estupenda versión vocal do mesmo tema. Que mágoa non poder disfrutalo en directo!