Linguaxe musical
Interesante aplicativo web que posibilita un repaso dos conceptos máis importantes da linguaxe musical, no referido a figuras musicais, silencios, reguladores e signos de repetición.
Interesante aplicativo web que posibilita un repaso dos conceptos máis importantes da linguaxe musical, no referido a figuras musicais, silencios, reguladores e signos de repetición.
O organista Benantzi Bilbao e José María Berenguer realizaron un estupendo vídeo explicativo sobre o funcionamento dos órganos de tubos. Este vídeo emprégase ao principio dos concertos do festival internacional «Urdaibaiko Organoak Joxe Mari Eguileor».
O proceso artesanal de construción dun violín amósase neste vídeo…
Reportaxe da serie de Discovery Channel «Así se hace…» Nesta ocasión está adicado á construción dun piano de cola…
Na biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova celebraron o mes da biblioteca realizando un conto en vídeo titulado «O conto dos silencios» de Silvia Pazos e Rodrigo Chao. A realización correu a cargo de Coral Real e Luis Real. Un relato onde se explica o nacemento do silencio na linguaxe musical.
O EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis denuncia na súa páxina web un intento de censura por parte dun colectivo que esixe perante o Valedor do Pobo a retirada dun vídeo nunha entrada realizada por unha alumna do centro acerca dun grupo musical que actuou na vila pontevedresa nun festival organizado en 2008 e patrocinado polo Concello, diversas consellerías da Xunta de Galicia e a Radio Galega.
Nós apoiamos ao Equipo de dinamización da lingua galega do centro de Cuntis no seu traballo, na súa postura inicial ante o conflito e na súa decisión de denunciar publicamente os feitos que están a acontecer e que só pretenden desprestixiar o traballo dos docentes e atacar á nosa lingua.
Esta fermosa páxina coral composta por Franz Biebl (1906-2001) está perfectamente interpretada por este coro feminino Pro Musica Nyíregháza/Hungría, dirixida por Denes Szabo.
As sorprendentes modulacións que a partitura ofrece xunto coa claridade do texto e o bonito diálogo entre as voces fan desta obra unha das máis fermosas deste xénero.
Poden baixar esta partitura, e outras tamén para coro, en formato pdf nesta ligazón.
Os termos propios da linguaxe musical teñen a súa orixe no italiano. Palabras con pizzicato, tenutto, legato, appasionato, piano, con fuoco… aluden a conceptos relacionados coa expresión, coa dinámica, co tempo… Neste vídeo, un coro interpreta unha «Ensalada italiana» de Richard Geene e pode ser un bo exemplo para coñecer eses termos musicais e, o máis importante, o seu significado… Bon proveito!!
A zarabanda, danza antiga de orixe español, escrita en compás ternario e forma binaria, adoita un aire lento e solemne en Italia e Alemaña.
Arcangelo Corelli compuxo esta zarabanda en re menor:
Unha versión reducida para piano e algo simplificada móstrase nesta partitura da mesma zarabanda en re menor
Realizado polo alumnado de Maxisterio de Expresión Plástica y Musical da Universidade de Málaga, presentamos este musicograma sobre o Valse das flores, da suite «O Crebanoces«, do compositor ruso Tchaikovsky.