Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Xeral’

Artigo sobre o violinista Manuel Quiroga

Sábado, 7 de Xaneiro de 2012 Sen comentarios

O profesor José Luis Fernández Díaz vén de publicar en La Region un interesante e acertado artigo sobre o violinista nacido en Pontevedra Manuel Quiroga co gallo da exposición que sobre este magnífico músico galego organiza a Deputación de Pontevedra.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Felicitación de Nadal de Musicanaescola

Domingo, 25 de Decembro de 2011 Sen comentarios

Categorías: Xeral Etiquetas:

Concerto de Nadal do Coro Universitario de Ourense

Venres, 9 de Decembro de 2011 Sen comentarios

O Coro Universitario Schola Cantorum de Ourense actuará nun concerto de música sacra e de nadal o vindeiro domingo 18 de decembro de 2011 ás 18:00 h. na Igrexa de San Breixo (Seixalbo) coa intervención do tenor Baldomero Pavón.Cartel do concerto

Categorías: Noticias, Xeral Etiquetas:

A vida musical en Cerdedo (Pontevedra) entre 1850-1950

Venres, 10 de Decembro de 2010 Sen comentarios

Un estudo realizado por Manuel Campos Toimil, da Asociación Cultural Os Abrentes, sobre a vida musical no concello de Cerdedo (Pontevedra) vén de publicarse baixo o título As bandas de música de Cerdedo.
Máis información.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Na punta do pé – Pedeslán

Mércores, 8 de Decembro de 2010 Sen comentarios

A Editorial Kalandraka vén de presentar no Culturgal o libro Na punta do pé, que contén ademais un CD e un DVD coas músicas, as partituras, os esquemas rítmicos e as coreografías, gravadas en vídeo para aprendelas máis doadamente. Este interesante traballo corre a cargo do grupo Pedeslán. A música e as danzas pertencen ao patrimonio galaico-portugués.

Neste vídeo pódense ver detalles do proxecto.

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:

Semana de Santa Icía 2010 no CMUS de Ourense

Domingo, 21 de Novembro de 2010 Sen comentarios

O grupo Ars Anterga intervirá na Semana Musical Santa Icía 2010 do Conservatorio de Música Profesional de Ourense cun concerto o vindeiro xoves, día 25 de novembro, ás 19:15 h na Sala de Órgano, interpretando un programa no que se inclúen algunhas das Cantigas de Santa María de Afonxo X O Sabio, as Cantigas de Amigo de Martín Códax e unha pequena selección de obras do Renacemento hispano.

Grupo Ars Anterga

Categorías: Xeral Etiquetas:

O conto dos silencios

Luns, 1 de Novembro de 2010 Sen comentarios

Na biblioteca do CEIP Curros Enríquez de Celanova celebraron o mes da biblioteca realizando un conto en vídeo titulado «O conto dos silencios» de Silvia Pazos e Rodrigo Chao. A realización correu a cargo de Coral Real e Luis Real. Un relato onde se explica o nacemento do silencio na linguaxe musical.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Intento de censura no traballo do EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis

Sábado, 16 de Outubro de 2010 Comentarios pechados

O EDLGA do CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis denuncia na súa páxina web un intento de censura por parte dun colectivo que esixe perante o Valedor do Pobo a retirada dun vídeo nunha entrada realizada por unha alumna do centro acerca dun grupo musical que actuou na vila pontevedresa nun festival organizado en 2008 e patrocinado polo Concello, diversas consellerías da Xunta de Galicia e a Radio Galega.

Nós apoiamos ao Equipo de dinamización da lingua galega do centro de Cuntis no seu traballo, na súa postura inicial ante o conflito e na súa decisión de denunciar publicamente os feitos que están a acontecer e que só pretenden desprestixiar o traballo dos docentes e atacar á nosa lingua.

Categorías: Xeral Etiquetas:

XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía

Domingo, 8 de Agosto de 2010 Sen comentarios

No mes de agosto é tradicional a cita co órgano ibérico de Xunqueira de Ambía, Ourense. O XXI Ciclo de Órgano e Música Antiga, organizado polo Concello de Xunqueira de Ambía co patrocinio do Xacobeo 2010, programa catro concertos os días 8, 15, 22 e 29 de agosto. Este ano o protagonista absoluto do ciclo é Canco López e o grupo Ars Combinatoria. Temos tamén que salientar o concerto do día 22 a cargo do magnífico organista Jesús Gonzalo quen estamos seguros confeccionará un programa atractivo, variado e divertido para o público.
Poden acceder ao programa premendo nesta ligazón.

Categorías: Xeral Etiquetas:

Música en el Claustro 2010 – Tui

Domingo, 1 de Agosto de 2010 Sen comentarios

Xa está preparada a nova edición do ciclo Música en el Claustro, en Tui. Este ano, a variada oferta musical abrangue desde a música sefardí, con Ana Alcaide, ata as tendencias máis contemporáneas, co grupo Projecto de Foles. O ano Xacobeo será o fío conductor e, para apoiar aos xóvenes músicos de Tui, antes de cada concerto intervirán diferentes agrupacións xurdidas do Conservatorio de Tui. O festival comeza o 24 de agosto.

Máis información, aquí.

Categorías: Xeral Etiquetas: