Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Tecnoloxía Informática’

Curso de edición de partituras con MuseScore en Linux Musical

Xoves, 25 de Xuño de 2009 Sen comentarios

MuseScore é un editor de partituras de balde para linux e windows do que xa falamos hai un tempiño. O programa vai madurando e na próxima versión 0.9.5 aparecerán novidades sorprendentes…
A versión 0.9.4 permite crear partituras con boa calidade… En Linux Musical ofrécennos un curso de edición de partituras empregando MuseScore…

OOoLilypond 0.4.0

Luns, 15 de Xuño de 2009 Sen comentarios

Veñen de actualizar o complemento para OpenOffice, OOoLilypond na súa versión 0.4.0, que permite introducir partituras en documentos de texto editados con este gran procesador de texto libre e de balde.

A páxina de axuda xa está traducida ao castelán gracias a Francisco Vila.

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

MuseScore 0.9.4

Venres, 6 de Febreiro de 2009 Sen comentarios

Acaba de saír a nova versión 0.9.4 do editor de partituras MuseScore. Lembremos que é un programa de balde, dispoñible para Windows e Linux. Entre as novidades desta versión podemos salientar o soporte para o Galego na axuda vía web así como a tradución do interface do programa á nosa lingua.
Prema para descargar.

Categorías: Recursos, Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

OOoLilyPond

Sábado, 10 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

OOoLilyPond 0.3.3 é unha extensión para OpenOffice que permite inserir de xeito doado anacos de partituras en documentos de texto. Nesta última versión mellorouse moito a instalación da extensión e está preparada para a nova versión estable 2.12 de Lilypond.

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

A páxina de damoru

Domingo, 4 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

As novas tecnoloxías facilitan a creación e a produción musical. Na propia casa é posible ter un conxunto de instrumentos e de ferramentas informáticas coas que dar renda solta á imaxinación musical e escoitar o resultado cunha calidade incrible. Para demostralo poden visitar a páxina dun músico de Pontevedra, damoru, onde amosa o seu traballo compositivo, orquestrador, como inxeñeiro de son …
Acaba de gañar o I Concurso de Villancicos de Intermusic/Hispasonic cunha versión peculiar de «Pero mira como beben…». Non deixen de escoitar temas como «Lo mejor de mí», «O mar de Cíes» ou «Baixo as ondas das rías»… Unha delicia. Ah! Aquí está o enderezo.

Lilypond 2.12.1

Sábado, 3 de Xaneiro de 2009 Sen comentarios

O pasado 31 de decembro de 2008 liberouse a versión estable do editor de partituras libre e multiplataforma Lilypond 2.12.1. Lembremos que este programa é un compilador e que a partitura créase nunha aplicación de texto seguindo unha sintaxe específica. Sobresae a calidade gráfica da partitura xerada.
Entre as principais novidades desta versión destacamos a mellora na detección das colisións de tal xeito que no pentagrama, os obxectos evitan automaticamente coincidir entre eles, facilitando a edición. Tamén destacamos a completa documentación, xa traducida ao castelán, ademais da inclusión de 30 novas características e a corrección de case 200 fallos.

* Lista de novidades
* Descarga de Lilypond 2.12.1
* Documentación de Lilypond 2.12.1

Categorías: Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

Teclado virtual

Domingo, 7 de Decembro de 2008 Sen comentarios

Un teclado virtual en Internet permite ao alumnado a realización de diferentes actividades de descubrimento musical: ordenacións de sons, diferenzas de altura entre sons, diferentes distancias entre sons contiguos, alteracións (sostenidos e bemoles), escalas, interpretación e invención de melodías, diferenzas tímbricas… Algúns ofrecen incluso a posibilidade de crear acordes e escoitalos e tamén a improvisación de melodías sobre unha base rítmica (aínda que o retraso entre a pulsación e o son constitúe un pequeno problema).

Mostra de teclado virtual.

Categorías: Recursos, Tecnoloxía Informática Etiquetas:

Comparativa de reprodutores de audio, vídeo…

Sábado, 13 de Setembro de 2008 Sen comentarios

Moitas veces precisamos nos nosos equipos informáticos un útil e cómodo reprodutor de audio ou vídeo que, ademais de gratuito, consuma poucos recursos. Na páxina que a continuación sinalamos, ofrécesenos unha estupenda comparativa dos mellores reprodutores. Xa podemos adiantar que o KM Player é un dos mellores. Deste xeito teremos unha razón máis para fuxir do monopolio de Micro$oft.
Aquí está a comparativa

Denemo

Mércores, 30 de Xullo de 2008 Sen comentarios

Denemo é un editor de partituras gratuito para Linux e Windows. Pode funcionar só ou pódese convertir nunha aplicación visual para empregar o programa de edición Lilypond, se temos que imprimir a partitura.

NtEdit – Sucesor de Noteedit

Domingo, 16 de Marzo de 2008 Sen comentarios

NtEd é o novo sucesor de Noteedit para Linux desde que este quedase na versión 2.8.1 NtEd atópase en plena fase de desenvolvemento. Baséase na nova libraría gráfica Cairo que permite traballar en modo WYSIWYG. Cada vez vai ofrecendo máis prestacións. Dentro de poucas datas estará traducido ao Galego.