Un xogo de mans: Batom

Seguimos cos vídeos de aló do Atlántico. Neste, poden observar variantes sobre un xogo de mans, que se poden aplicar aos xogos de mans que as nosas rapazas (e rapaces) desenvolven nos recreos e tempos de lecer. Xa saben que isto dos xogos vai por temporadas: a temporada das canicas, dos xogos de mans, da corda, da goma …
Batom

Un xogo de vasos – Escatumbararibé

Escatumbararibé, un estupendo xogo de vasos para fixar un obstinato e ilo pasando nun corro de rapaces. A verdade é que ten o seu aquel aprendelo… Provén do Brasil. A letra da canción é un xogo de palabras sen sentido, pero que se queda moi ben na memoria:

Zum Zum Zum
Escatumbararibé
Escatumbararibé
Escatumbatinga
Aué sarubé abais
Escatumbararibé
Escatumbatinga.

Aquí vai a ligazón ao vídeo.

Tocata e fuga re menor – Bach – Quinteto metais

Unha nova versión da popular Tocata e fuga en re menor de J. S. Bach. Esta vez en forma de quinteto de metais a cargo de Canadian Brass. Unha espectacular interpretación non só pola súa variedade tímbrica senón tamén magní­fica técnica que amosa o grupo tanto individual como colectivamente. Á vez, este vídeo serviría para traballar dun xeito activo os instrumentos de vento metal.

Máis sobre os instrumentos…

Os profesores e as profesoras do Conservatorio de Puertollano puxéronse mans á obra e realizaronn un traballo multimedia moi interesante, sinxelo e moi práctico sobre os instrumentos e a voz, que se imparten nese centro educativo. Premer na ligazón

A cantata do café – Bach

E seguimos con… Bach. A cantata do café BWV 211 preséntanos unha aria cunha melodía con baixo continuo, soprano e frauta traveseira… É coma se fose un dúo entre a voz e o instrumento de vento madeira. Se queren coñecer o significado da letra, poden visitar este artigo de Nos vemos en el blog.
Tamén poden disfrutar deste Slidecast feito por Marian, con orixinais ilustracións realizadas na escuma do café con leite…