Todo sobre a viola

A viola, ese instrumento un chisco máis grande ca o violín, cun son semellante ao tenor, que soe ocupar un lugar secundario na orquestra, encerra unha beleza impresionante no seu son e ten unha historia que vén desde moi aló. Se queren saber todo sobre este fermoso instrumento poden visitar estas dúas ligazóns:

    La viola, las violas. Artigo moi completo con gran cantidade de ficheiros multimedia escrito pola profesora Marián Domínguez, no seu blogue Nosvemosenelblog.

Mapas conceptuais sobre a voz

Os mapas conceptuais esquematizan, mostran o fundamental, amosan as relacións entre as diferentes partes dun tema. Son moi útiles para teren unha idea de conxunto do mesmo.

Aquí temos uns mapas conceptuais sobre a voz moi útiles e moi ben realizados. Ademais son multimedia, é dicir, incorporan son para poder ilustrar musicalmente os conceptos.

O proxecto Mutopia

O Proxecto Mutopia ten como obxectivo crear un catálogo dixital de partituras de música clásica de dominio público. O catálogo de obras vaise ampliando lentamente xa que se pretende reescribir as partituras empregando o editor Lilypond . Deste xeito ademais da partitura en formato pdf, ponse a disposición dos internautas unha en formato ps, outra en formato midi e outra en formato ly (propio do programa de edición).
Está moi centrado o proxecto nos instrumentos de tecla, tanto piano e clave coma órgano, aínda que cada vez se inclúen mais obras para outros instrumentos e conxuntos instrumentais.

O hidraulófono

As orixes do Órgano actual están ligadas á auga, posto que o seu antecesor foi o Hydraulus ou Órgano hidráulico. Este tipo de órgano utilizouse ata o século XII. Durante o Renacemento e o Barroco os órganos hidráulicos se construían en xardíns, covas e palacios. Desde o XVII caeron en desuso debido ao custe elevado do seu matemento.
No órgano hidráulico, un pequeno tubo está situado de xeito que un extremo está aberto ao aire y e o outro chega ata un tubo máis grande que contén agua dunha fonte, lagoa ou encoro. Canto máis longa sexa a caída vertical da agua, máis poderosa será a succión e maior será o volume de aire aspirado.
A nova tecnoloxía permite inventar novos instrumentos. O hidraulófono emprega a auga para producir son. Os dedos tapan chorros de auga para xerar o son. Vexan algunhas posibilidades deste instrumento:

Cantan ellas

Cantan ellas é un blogue adicado integramente á canción interpretada por voces femininas. Contén audicións, traducins de letras de lieders e anacos de ópera, preséntanse varias interpretacións da mesma obra para facer comparacións… En definitiva, un sitio para pasar horas e horas escoitando e aprendendo…

IMSLP

IMSLP é a biblioteca máis grande de partituras en formato pdf que existe. Estivo pechada unha tempada por problemas legais, que semellan xa resoltos. É unha sorte volver contar con este impresionante recurso.

Debaixo da figueira – Pelo Gato 24

Pelo Gato 24 é un novo disco da Asociación de Gaiteiros Galegos para fomentar o canto nas escolas e pór en valor os xogos populares.
Con letra e música do cancioneiro E. Torner e Bal y Gay, o grupo Migallas, interpreta Debaixo da figueira, unha canción con letra acumulativa, tan interesante para traballar a asociación lóxica, a memoria e a coordinación.

Paisaxes sonoras…

A paisaxe que nos rodea tamén pode ser sonora. Os centos de sons que nos envolven dannos información sobre o noso contorno e os que oímos a cotío convértense en algo tan próximo que cando nos faltan botámolos de menos. Tamén, ao chegaren a un novo lugar, sorprendémonos moitas veces da paisaxe sonora que escoitamos.

Galicia ten paisaxes sonoras peculiares, coma calquera outro lugar. Nesta web poden atopar e recoñecer algunhas:
www.escoitar.org.