Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Recursos’

Un novo instrumento: o Happy Drum

Domingo, 27 de Setembro de 2009 Sen comentarios

O happy drum é un novo instrumento de percusión cun timbre e unha sonoridade que inunda de sensacións pacíficas a atmosfera onde soa. As melodías que agroman deste instrumento pertencen á escala pentatónica. Pódese tocar con baquetas ou cos dedos e palmas das mans. Semella moi intuitivo tocar e improvisar neste interesante instrumento.

Neste vídeo temos unha demostración do happy drum:

Tamén pódese probar varios happy drum virtuais nesta ligazón

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:

A voz humana e a súa clasificación

Xoves, 21 de Maio de 2009 Sen comentarios

Unha páxina moi completa sobre a voz humana con teoría, vídeos explicativos, audicións e vídeos de artistas con diferentes voces podémola atopar nesta páxina La Voz do Departamento de Música do IES Mateo Alemán.

Aquí temos un mapa conceptual sobre a clasificación das voces moi útil e moi ben realizado. Ademais é multimedia, é dicir, incorpora son para poder ilustrar musicalmente os conceptos.


Categorías: Recursos Etiquetas:

13 Lúas – Asociación de Gaiteiros Galegos

Sábado, 9 de Maio de 2009 Sen comentarios

«A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome Trece Lúas. As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Esta é unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.»
Así é como se presenta este novo traballo da AGG na súa páxina web.
Seguro que ten grande utilidade na escola.
13 Lúas

Categorías: Recursos Etiquetas:

Contos para ler… e cantar

Domingo, 26 de Abril de 2009 Sen comentarios

Agora que pasou o Día do Libro e que para o mes chegan as Letras Galegas, traemos unha referencia ao traballo de Susa Herrera coa colaboura de Mamá Cabra. Acaba de saír unha nova publicación froito deste traballo: Todos os animais ao caixón da editorial PrimeraPersona. A idea é, a partir dun conto con magníficas ilustracións, aprender unha canción relacionada con el. Con isto preténdese o fomento da lectura así coma a educación musical do alumnado máis cativo. Unha mostra podería ser esta, titulada Un peixe moi divertido:

Categorías: Música para escoitar, Recursos Etiquetas:

A máquina de escribir – Un musicograma

Venres, 17 de Abril de 2009 Sen comentarios

«A máquina de escribir» é unha popular composición do norteamericano Leroy Anderson. Un musicograma explica unha estructura musical e posibilita o seguemento da partitura. Un posible musicograma desta peza musical atoparano neste vídeo…

Categorías: Recursos Etiquetas:

Folkmoslandia

Mércores, 11 de Marzo de 2009 Sen comentarios

Dentro do recurso MOS, pertencente ao MEPSyD, ISFTIC, atopámonos con Folkmoslandia, un lugar adicado ao folclore de España. Nel podemos atopar diferentes presentacións, estilos e pezas, organoloxía, activiades, audicións, análises… Hai unha guía didáctica para aproveitar mellor este recurso.

Categorías: Recursos Etiquetas:

Sonido y oído – Podcast

Mércores, 11 de Febreiro de 2009 Sen comentarios

RTVE-RNE Clásica está a publicar de novo o programa «Sonido y oído«, agora en versión Podcast. «Sonido y oído» é un programa creado por Fernando Palacios onde se amosa todo o arsenal pedagóxico e didáctico-musical do autor cun enfoque moi persoal e creativo. Coas novas tecnoloxías xa podemos descargar os ficheiros e empregalos nos novos medios. Lembremos que hai bastantes anos, RTVE publicou en cinta casete o programa a un prezo bastante caro daquela. Polo tanto, esta é unha oportunidade única.

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:

Cursos de Harmonía, Contrapunto e Fuga

Sábado, 7 de Febreiro de 2009 Sen comentarios

Os cursos de Michel Baron, profesor do Conservatorio de Quebec ata a súa xubilación en 2007, destacan por seren sinxelos, claros, cun bo enfoque didáctico, froito dos moitos anos de experiencia no ensino destas materias teóricas e fundamentais para un músico. Son cursos gratuítos e paga a pena consultar as súas páxinas. Para ir a calquera destes cursos, premer na ligazón:

Categorías: Recursos, Xeral Etiquetas:

MuseScore 0.9.4

Venres, 6 de Febreiro de 2009 Sen comentarios

Acaba de saír a nova versión 0.9.4 do editor de partituras MuseScore. Lembremos que é un programa de balde, dispoñible para Windows e Linux. Entre as novidades desta versión podemos salientar o soporte para o Galego na axuda vía web así como a tradución do interface do programa á nosa lingua.
Prema para descargar.

Categorías: Recursos, Tecnoloxía Informática, Xeral Etiquetas:

Orella pendella

Luns, 8 de Decembro de 2008 Sen comentarios

Orella pendella é unha páxina que quere difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Consiste nunha recopilación e clasificación de ditos, recitados, recitados dialogados, xogos, cancións, trabalinguas… Ademais está aberta á ampliación e á participación de todas e todos.

Categorías: Recursos Etiquetas: