Así se contrúe un piano de cola
Reportaxe da serie de Discovery Channel «Así se hace…» Nesta ocasión está adicado á construción dun piano de cola…
Reportaxe da serie de Discovery Channel «Así se hace…» Nesta ocasión está adicado á construción dun piano de cola…
Os termos propios da linguaxe musical teñen a súa orixe no italiano. Palabras con pizzicato, tenutto, legato, appasionato, piano, con fuoco… aluden a conceptos relacionados coa expresión, coa dinámica, co tempo… Neste vídeo, un coro interpreta unha «Ensalada italiana» de Richard Geene e pode ser un bo exemplo para coñecer eses termos musicais e, o máis importante, o seu significado… Bon proveito!!
Realizado polo alumnado de Maxisterio de Expresión Plástica y Musical da Universidade de Málaga, presentamos este musicograma sobre o Valse das flores, da suite «O Crebanoces«, do compositor ruso Tchaikovsky.
Completo recurso, tipo webquest, sobre a Música na Idade Media, realizado por Miguel Ángel Muñoz Martínez. Con ligazóns a moitos recursos moi interesantes e, por suposto, con actividades para o alumnado.
Mozart e as funcións harmónicas é un vídeo no que se mostran as funcións harmónicas no primeiro tempo da Sonata en Do maior de Mozart dun xeito especial… Un vídeo xenial, moi didáctico e orixinal.
Os mestres e músicos Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, e Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero” adicáronse entre 1972 e 1998 á recolleita de cantigas populares. O froito deste traballo é O Canto do Pobo, estupendo sitio web onde podemos escoitar as fontes orixinais, ver a letra e a transcrición das partituras.
Agora que se achega a conmemoración das Letras Galegas 2010, que está adicada ao poeta de O Courel, Uxío Novoneyra, a web Son de poetas, recolle unha chea de poemas de escritoras e escritores galegos, musicados por autores tamén galegos. Recurso moi útil para estes días.
As Cantigas de Alfonso X O Sabio constitúen unha fonte inesgotable para coñecer os valores,os costumes, a música e os instrumentos da Idade Media na Península Ibérica. A páxina web que recomendamos está aínda en construción, pero aporta información gráfica e sonora de alta calidade coa súa selección de cantigas, que veñen en versión orixinal e traducida así como cun ficheiro midi como música e un gráfico do libro ou unha galería de instrumentos co seu gravado e unha pequena descrición de cada un.
Despois de comezar o ano co Concerto de Aninovo desde Viena, non estaría mal seguir agora coa música de Mozart. Nesta máquina musical, só cómpre premer na manivela para cambiar de tema musical.
Os aplicativos en liña para aprender o nome das notas nas diferentes claves son cada vez máis numerosos. Nesta ligazón temos a posibilidade de practicar o nome con son, con diferentes grados de dificultade e diferentes claves.