Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Partituras’

Aló entre as pallas – Panxoliña

Sábado, 17 de Decembro de 2011 Sen comentarios

Aló entre as pallas é unha das panxoliñas tradicionais máis coñecidas e cantadas en Galicia. Destaca a melodía da estrofa, se cadra, un chisco arranxada por algún músico.
Aquí en formato Scorch de Sibelius.
Aquí en formato pdf.

Ronde – Susato

Venres, 26 de Novembro de 2010 Sen comentarios

Esta partitura de Susato, aquí chamada Ronde, é un bo exercicio para practicar o si bemol na frauta soprano. Aquí en formato pdf.

Unha vez dominada a parte de soprano poderíase interpretar co conxunto de frautas, a modo de acompañamento

Zarabanda en re menor – A. Corelli

Domingo, 3 de Outubro de 2010 Sen comentarios

A zarabanda, danza antiga de orixe español, escrita en compás ternario e forma binaria, adoita un aire lento e solemne en Italia e Alemaña.
Arcangelo Corelli compuxo esta zarabanda en re menor:

Unha versión reducida para piano e algo simplificada móstrase nesta partitura da mesma zarabanda en re menor

San Benitiño

Domingo, 11 de Xullo de 2010 Sen comentarios

O día 11 de xullo, en moitos pobos de Galicia, celébrase a romaría a San Bieito, avogado contra as verrugas, entre outras cousas.

Aquí está a partitura da cantiga tradicional galega San Benitiño, en formato Scorch ou en formato pdf

Categorías: Partituras Música Galega Etiquetas:

Despedida de ano vello

Xoves, 31 de Decembro de 2009 Sen comentarios

Por estas datas, ano novo, vida nova, cántanse as despedidas/entradas de ano que son cantos que aproveitan modelos doutras cancións galegas para reflectir unhas datas de moita diversión. Xeralmente sempre levaban acompañamento de moitos instrumentos para facer barullo e poder cantar e bailar.
Nesta Despedida de ano que presentamos podemos apreciar como se suceden tres xotas na mesma canción.
Feliz e próspero aninovo a todos/as!!!

Categorías: Partituras Música Galega Etiquetas:

Don Sancho

Martes, 29 de Decembro de 2009 Sen comentarios

Un romance galego que conta a historia de Don Sancho, quen foi a terra de mouros e volveu deixando a súa alma prendida nunha fonte… Presentamos dúas partituras:
- Para voz.
- Para frauta, en re menor, para practicar o si bemol.

Tamén en versión pdf.

In Dulci Jubilo

Venres, 25 de Decembro de 2009 Sen comentarios

É Nadal… Hoxe, en moitas partes do noso planeta a ledicia invade a vida das persoas; noutros moitos lugares, a miseria, a guerra, a intolerancia, o deprezo polos dereitos humanos… son constitutivos do clima humano que se respira… Son as contradicións deste mundo que nos toca vivir.

Esta música que hoxe traemos aquí está chea de ledicia e, tamén, de esperanza. A melodía sobre a que a peza está construída data de 1533. É unha versión de Mike Oldfield da melodía de Nadal In dulci Jubilo. No vídeo, amósase a un xoven músico que toca todos os instrumentos.

J. S. Bach tamén empregou frecuentemente este tema. Ademais de versións para órgano, compuxo unha peza vocal, o Coral BWV 368 titulado In Dulci Jubilo, onde podemos apreciar o impresionante traballo harmónico do compositor. Comparando as dúas composicións, comprobaremos os cambios na linguaxe musical, froito da estética de cada época. Aquí está a partitura do Coral BWV 368.

Categorías: Música para escoitar, Partituras de Bach Etiquetas:

Himno Galego

Luns, 7 de Decembro de 2009 Sen comentarios

Non está de máis incluír no noso sitio, agora que se achega a conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en referendo o 21 de decembro de 1980 (xa pasaron 19 anos), a partitura do Himno Galego, composición de Pascual Veiga con letra de Eduardo Pondal.
Para obter máis información sobre o Himno Galego, prema nesta ligazón ou consulte na Galipedia.

Categorías: Partituras Música Galega Etiquetas:

Negra sombra

Venres, 7 de Agosto de 2009 Sen comentarios

O compositor lucense Juan Montes (1840-1899) compuxo as «Seis baladas gallegas» editado por Canuto Berea y Cª de A Coruña. Trátase de seis composicións para piano (con letra) cos seguintes títulos: As lixeiras anduriñas, Doce sono, Negra sombra, Lonxe d’a terriña, Unha noita n’a eira d’o trigo e O pensar d’o labrego.

En Negra sombra, Montes pon música ao poema do mesmo nome de Rosalía de Castro. A balada para piano foi tomada polo autor dunha fantasía para orquestra. É posible que unha versión para coro existise antes, pero publicouse primeiro a versión para piano.

Esta é unha das melodías máis famosas e fermosas da nosa música galega, moitas veces versionada.

Categorías: Partituras Música Galega Etiquetas:

Variacións Goldberg – Variación 1 – Bach

Xoves, 2 de Xullo de 2009 Sen comentarios

As Variacións Goldberg é unha obra que todo concertista de instrumento de tecla debería afrontar ao longo da súa carreira. Hai moitas versións e interpretacións.

Ofrecemos a partitura da Variación 1

Categorías: Partituras de Bach Etiquetas: