Atopada unha nova obra de Brahms: Albumblatt

O pasado 15 de xaneiro saltou aos medios a aparición dunha nova obra para piano de Brahms, titulada “Albumflatt”. Esta folla de álbum foi escrita polo compositor alemán en 1853 cando contaba con 20 anos. O achádego realizouno o director de orquestra Christopher Hogwood na biblioteca musical da Universidade de Princeton.

Aquí aparece gravada por Andras Schiff:

Este tema foi empregado por Brahms no Trío para trompa, violín e piano Opus 40,(no vídeo a partir do minuto 2:56):

Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Moisés Quintas presenta esta tarde ás 20:00 h. nos locais da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo a súa publicación titulada “Guía didáctica de instrumentos galegos”. O autor mostra unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

Unha sentenza do Supremo anula o Grao aos estudos musicais…

Segundo poidemos ler na web da Cadena Ser, unha recente sentenza do Supremo deixa sen a denominación de grao os estudos superiores de ensinanzas artísticas en España. O fallo afecta a 17.000 alumnos de cinco especialidades, entre elas música o arte dramático, que agora quedan en inferioridade de condicións con respecto aos seus colegas europeos.
Máis información nesta ligazón