Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Noticias’

Concerto de Ars Anterga na Igrexa de Fátima – Ourense

Xoves, 10 de Maio de 2012 Sen comentarios

O vindeiro martes 15 de maio, Ars Anterga actuará na Igrexa de Fátima en Ourense. O concerto dará comezo ás 20:30 horas, e contará co seguinte programa:

Misterios de amor humano e divino

PRIMEIRO MISTERIO

Fanfarria
Dal mio Permesso…………………………..Claudio Monteverdi

SEGUNDO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 5: Quen as coitas
Cantiga de Santa María nº 94: Como Deus fez……………………..Afonso X O Sabio
Praeludium in E-dur BWV 566………………………………………….J.S. Bach

TERCEIRO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 257: Bem guarda Santa Maria
Cantiga de Santa María nº 328: Sabor a Santa Maria…………………..Afonso X O Sabio
Folle è ben che si crede………………………………………………….Tarquinio Merula

CUARTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 345: Sempr’a Virgem groriosa
Cantiga de Santa María nº 371: Tanto vay Santa Maria……………….Afonso X O Sabio
Tiento de lleno……………………………………………………………..J.B. Cabanilles*

QUINTO MISTERIO

Cantiga de Santa María nº 10: Rosa das Rosas……………………….Afonso X ?O Sabio
Stella Splendens………………………………………..Anónimo (Llibre Vermell de Montserrat)
Si dolce é il tormento…………………………………………..Claudio Monteverdi

* No 300º Aniversario do seu pasamento.

ARS ANTERGA son:
Irma Fernández Alonso (órgano)
Ilduara Perianes Guitián (soprano)
Juan Manuel Vázquez Vázquez (corda pulsada)

Órgano feito por Amezúa e Cia.
Tiorba feita por Knud Sindt.
Vihuela feita por Asier de Benito Guío.

Categorías: Noticias Etiquetas:

O Cuarteto Hagen en Ourense. Un concerto para lembrar.

Xoves, 3 de Maio de 2012 Sen comentarios

Onte, 2 de maio de 2011, o festival Sen batuta agasallounos a todos os amantes da música de cámara cun sensacional concerto do Cuarteto Hagen quen interpretou os cuartetos nº 15 op 132 e nº 12 op 127 de Beethoven.
No coloquio anterior ao concerto, o violinista e grande mestre Rainer Schmidt explicou ao público, que encheu o Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, a situación do autor no momento da composición destas obras, o que estas significaron para el e para o devenir da música así como algúns aspectos do funcionamento e traballo desta estupenda agrupación.
Logo, o concerto foi marabilloso. Un son nítido, unha perfecta sincronización, unha interpretación soberbia. O público puido disfrutar de case dúas horas de ledicia.
Queremos destacar a numerosa presenza de alumnado do CMUS e de estudantes de Bacharelato e ESO co seu profesorado de Música, un dos aspectos, xunto co contacto directo cos intérpretes, que caracterizan este festival e que están a contribuír á mellor formación integral dos nosos xóvenes e que están creando un ambiente musical, un público de base que valore, disfrute e demande máis concertos.
Parabéns a SEN BATUTA.
Cuarteto Hagen

Categorías: Noticias Etiquetas:

Frescobaldi 2.0.6

Martes, 1 de Maio de 2012 Sen comentarios

Acaba de publicarse Frescobaldi 2.0.6. Hai novas funcionalidades como o pregado e despregado de bloques de texto ou a posibilidade de abrir ficheiros na mesma xanela ao lanzar documentos desde o explorador de ficheiros e tamén correccións de erros detectados en versións anteriores. Lembramos que funciona con KDE4 e que hai un instalador para Windows.
Editor Frescobaldi

MuseScore 1.2

Mércores, 14 de Marzo de 2012 Sen comentarios

O pasado 13 de marzo publicouse MuseScore 1.2, versión na que se solucionan máis de 100 erros, mellora do soporte de XML co que o intercambio con Sibelius ou Finale resulta de maior calidade e unha completa reescritura do módulo que permite compartir as partituras mediante musescore.com

Atopada unha nova obra de Brahms: Albumblatt

Sábado, 3 de Marzo de 2012 Sen comentarios

O pasado 15 de xaneiro saltou aos medios a aparición dunha nova obra para piano de Brahms, titulada «Albumflatt». Esta folla de álbum foi escrita polo compositor alemán en 1853 cando contaba con 20 anos. O achádego realizouno o director de orquestra Christopher Hogwood na biblioteca musical da Universidade de Princeton.

Aquí aparece gravada por Andras Schiff:

Este tema foi empregado por Brahms no Trío para trompa, violín e piano Opus 40,(no vídeo a partir do minuto 2:56):

Categorías: Música para escoitar, Noticias Etiquetas: ,

Guía didáctica dos instrumentos galegos – Moisés Quintas

Sábado, 25 de Febreiro de 2012 Sen comentarios

Moisés Quintas presenta esta tarde ás 20:00 h. nos locais da Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo a súa publicación titulada «Guía didáctica de instrumentos galegos». O autor mostra unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

Unha sentenza do Supremo anula o Grao aos estudos musicais…

Luns, 13 de Febreiro de 2012 Sen comentarios

Segundo poidemos ler na web da Cadena Ser, unha recente sentenza do Supremo deixa sen a denominación de grao os estudos superiores de ensinanzas artísticas en España. O fallo afecta a 17.000 alumnos de cinco especialidades, entre elas música o arte dramático, que agora quedan en inferioridade de condicións con respecto aos seus colegas europeos.
Máis información nesta ligazón

Categorías: Noticias Etiquetas:

Frescobaldi 2

Xoves, 2 de Febreiro de 2012 Sen comentarios

Frescobaldi 2 é un editor de partituras que facilita o traballo con Lilypond. Nesta versión, ademais de estar dispoñible para KDE, publícase un instalador completo para o sistema operativo Windows. A versión para MacOS X xa está planeada.
Páxina para descargar
Frescobaldi 2 en Windows

Finou Xosé Manuel Seivane

Sábado, 28 de Xaneiro de 2012 Sen comentarios

Xosé Manuel Seivane, mestre artesán das gaitas, ven de morrer aos 91 anos. O mundo da gaita, un instrumento símbolo da música galega, débelle moito ao grande traballo desenvolvido por este lucense universal.
Máis información

Categorías: Noticias Etiquetas:

Concerto de Nadal do Coro Universitario de Ourense

Venres, 9 de Decembro de 2011 Sen comentarios

O Coro Universitario Schola Cantorum de Ourense actuará nun concerto de música sacra e de nadal o vindeiro domingo 18 de decembro de 2011 ás 18:00 h. na Igrexa de San Breixo (Seixalbo) coa intervención do tenor Baldomero Pavón.Cartel do concerto

Categorías: Noticias, Xeral Etiquetas: