Que fatalidade!

Estes días está a soar nos nosos televisores como música dun anuncio duns grandes almacéns un tema coñecido para nós e coñecido por moita máis xente… Nada máis e nada menos que se trata dunha versión do primeiro tema do terceiro movemento da Terceira Sinfoní­a de Brahms. Empregamos a palabra versión nun amplo senso. A verdade é que a cousa dá noxo. Menuda pobreza musical! Se queren ver o ví­deo do anuncio, escoitar a versión íntegra da música feita por Jane Birkin e a versión completa da orixinal de Brahms, visiten o artigo Brahms… y el Corte Inglés de Nos vemos en el blog. Un artigo estupendo que coincide plenamente coa nosa opinión…

Unha melodí­a magnífica… de Bach

O Concerto nº 5 para clave e orquestra de J.S.Bach BWV 1056, no seu Adaxio, encerra unha sublime melodí­a perfectamente realzada polo pizzicatto da corda. Aquí­ ímolo escoitar na versión para piano, non no orixinal, porque nos tempos de Bach os instrumentos de tecla importantes eran o clavecí­n e o órgano.
Queremos destacar tamén o traballo do pianista canario Iván Martín, co seu proxecto Bach.

Libertango

A liberdade na arte, a liberdade dentro dun xénero, a liberdade… Piazzolla compuxo Libertango, unha peza que chama a atención pola súa orixinalidade rítmica e melódica dentro dos cánones do tango.

A escoitala…

Sorprendente mestura…

Que pensarían se lles dixese que é posible tocar a frauta traveseira e, á vez, facer unha caixa de ritmos coa boca? Case incrible, pero…. non. Contemplen o resultado. Greg Patillo combina algúns temas coñecidos cunha caixa de ritmos bucal, típica do Hip-hop ou dos DJ’s. Bo traballo melódico, rítmico e, sobre todo, respiratorio.

O Theremin

O Theremin foi o primeiro sintetizador da historia. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas anteas. A da esquerda (desde o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man baixa o volume e se a alonxas, sobe). A da dereita é unha antea vertical na que se controla a frecuencia (a altura do son): se achegas a man, aumenta a frecuencia (máis agudo) e se alonxas a man, diminúe a frecuencia (máis grave).

Poden comprobalo neste vídeo: