Arquivo

Arquivo para a categoría ‘Libros-Discos’

Estrella de la mañana – Joaquín Broto

Venres, 26 de Decembro de 2008 Sen comentarios

Dentro da colección “Órganos Históricos en Aragón”, dirixida por Jesús Gonzalo López, o volume IX está adicado ao órgano de La Seo de Zaragoza. Este instrumento posúe unha caixa gótica basada na de Johan Ximénez Garcés en 1469 mentres que o órgano en si está restaurado, en 2003 por Gerhard Grenzing, segundo a última gran reforma de 1858 realizada por Miguel e Pedro Roqués.
O título do disco é “Estrella de la mañana“. Está íntegramente adicado a unha escolla de música para órgano do compositor Joaquín Broto Salamero (1921-2006).
A intérprete das obras é a organista Soledad Mendive.
Estamos ante un disco cunha edición inmellorable, con abundante información sobre o compositor, a súa época e a súa música; sobre o órgano, a súa composición e a súa historia así como un reflexo íntegro de todas as rexistracións utilizadas en cada unha das obras. Un son claro e diáfano xunto cunha excelente interpretación ademais dunha eficiente e moi expresiva rexistración, fan deste disco un CD de calidade a ter moi en conta nunha completa discografía arredor do órgano. Ademais, descubrirán un magnífico compositor e admirarán o son dun órgano espectacular.
Un anaquiño (menos dun minuto) da obra Balada en Eco:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Categorías: Libros-Discos, Música para escoitar Etiquetas:

Timoteo e o ladrón de cancións

Luns, 1 de Xaneiro de 2007 Sen comentarios

Dentro da colección de contos musicais de Agruparte, e pertencente ás novidades do ano 2006, podemos destacar un conto titulado Timoteo e o ladrón de cancións. Este conto, en Castelán, gañou o I Concurso de Contos Musiciais da FOFGC. O autor da música e do texto é José Antonio Esteban Usano. Un conto interesante, con momentos argumentais e musicais ben conseguidos. Por certo, Timoteo toca a gaita e claro, como non forma parte da orquestra sinfónica, a instrumentación que simula unha gaita é o oboe como punteiro e o corno inglés como roncón coa axuda do clarinete para redondear a melodía. Este sería un bo conto para traducilo ao galego e utilizar a gaita galega coa orquestra, cousa que non tería que escandalizar a ninguén.

Categorías: Libros-Discos Etiquetas:

Novidades discográficas

Venres, 29 de Decembro de 2006 Sen comentarios

Lemos en musicaporuntubo a reseña de dous novos discos no panorama galego:”O quiquiriquí“, sobre o Nadal, e “Cartas que veñen e van“, un proxecto que integra a aprendizaxe e o ensino de todas as linguaxes cos contidos da educación infantil e do primeiro ciclo da primaria…

Categorías: Libros-Discos Etiquetas:

O mestre invita a un concerto

Xoves, 30 de Novembro de 2006 Sen comentarios

O estupendo director de orquestra, Leonard Berstein, creou escola cos seus concertos didácticos. Este libro, da Editorial Siruela, recolle o guión de 15 deles, moi interesantes, que son camiño para escomezar con bo pé na divulgación musical para os xoves.

Categorías: Libros-Discos Etiquetas: