Rogelio Groba: un músico universal

O día 1 de xaneiro de 2023 faleceu o prolífico compositor Rogelio Groba, nado en Ponteareas en 1930. Un autor que nos deixa máis de 700 composicións, director de orquestra e profesor de harmonía, contrapunto e composición. Tamén foi director do CS de A Coruña. Con el, a música galega contemporánea adquire unha dimensión universal.

Danza meigas – Rogelio Groba

Verseto XX – L Boëllmann

Leon Boëllmann foi un compositor francés que dedicou a meirande parte da súa obra ao órgano. Foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll.

A obra Heures Mystiques é unha escolma de pequenas pezas para órgano ou harmonio con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comunións, saídas… Tamén ten versetos.

Ofrecemos o Verseto XX, moi sinxelo.

No pendello

No pendello é unha panxoliña tradicional galega. O folclore galego mostra a cotío no Nadal a paradoxa de que o ser máis poderoso aparece entre nós como o máis pobre do mundo. Por iso, o galego, que noutrora tamén era pobre, lévalle todo o pouco que ten, non só comida senón tamén farrapos para combater a friaxe.

No pendello – Tradiconal Galicia by musiescola

Ronde – Thielman Susato

Esta partitura de Susato, titulada Ronde, constitúe un bo exercicio para practicar o si bemol na frauta soprano.

Unha vez dominada a parte da frauta soprano podemos empregar esta partitura que ten as outras tres partes activas, a modo de acompañamento:

Czardas de Vittorio Monti

Sofia Tyurina, saxo soprano, e o pianista Denis Matsuev interpretan as Czardas de Vittorio Monti. Unha rapaza de 9 anos con moita musicalidade na súa sensibilidade musical e moita axilidade nos seus dedos acompañada por unha das primeiras figuras musicais do mundo pianístico.